Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Eroski Paraíso despide a tempada esta fin de semana cunha función en Ponteareas
O teatro Reveriano Soutullo de Ponteareas acolle este domingo día 18 a que será a derradeira función de Eroski Paraíso por unha longa tempada, xa que a compañía está actualmente traballando nos ensaios dun novo espectáculo, Divinas Palabras Revolution, que se estreará no Salón Teatro de Santiago o día 12 de abril.
A función dará comezo ás 20.00 h. e as entradas poderanse adquirir na billeteira o sábado 17 de 11 a 14 h. e o propio domingo de 17 a 19.45 h. Se gostades da función, podedes mercar ao saír o texto da obra editado por Kalandraka como parte das Obras Completas de Chévere, a un prezo de 12 euros.
Log in or register above to comment