Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
A editorial Kalandraka vén de publicar o texto de Eroski Paraíso como parte da súa colección Biblioteca de Teatro
Coincidindo co 30 aniversario de Chévere, que celebramos en 2017, a editorial Kalandraka decidiu publicar as obras completas de Chévere, que serven para inaugurar a súa nova colección dedicada ás artes escénicas, chamada Biblioteca de Teatro. Como parte desta colección, vén de publicarse recentemente o texto íntegro de Eroski Paraíso.
Este novo volume únese así a outros textos xa publicados, como Annus Horríbilis e Río Bravo. A colección irase completando durante os vindeiros meses con outros textos da compañía.
Os libros xa publicados están xa á venda en todas as librerías de Galicia a un prezo de 12 euros. Ou, se o prefires, podes encargalo directamente á editorial.
Log in or register above to comment