Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Así foi o obradoiro de Chévere en Matadero Madrid para incorporar un veciño ao elenco de Eroski Paraíso
Chévere compartiu cun grupo de homes maiores de 65 anos de Madrid unha práctica-obradoiro a partir dos materiais que se usaron para construír Eroski Paraíso. O obradoiro levouse a cabo nunha das salas de taballo das Naves do Español no Matadero o 29 de novembro, orientada por Patricia de Lorenzo e Xesús Ron. En total inscribíronse 35 persoas, das que se seleccionaron 14, procedentes de distintos barrios da ciudad e dalgúns concellos cercanos, con idades comprendidas entre os 65 e os 76 anos. A sesión foi intensa e o tempo pasou axiña. Comprobamos que o teatro e a escena forman parte importante da vida de moitas persoas maiores, non só como espectadoras senón como usuarias, creadoras e practicantes. Para nós foi unha inxección de enerxía e ganas de vivir. Para eles intentamos que fose unha oportunidade de integrarse e coñecer desde dentro o traballo, o xeito e a poética dunha compañía profesional cunha longa traxectoria. Unha compañía que ademáis vén de lonxe, dun contexto diferente ao seu. A experiencia foi plena, entendímonos perfectamente, falamos do noso e do seu, probáronse en escena xunto a Patricia e deixaron que os grabásemos coa nosa cámara. En xaneiro compartiremos o escenario cun deles e agardamos velos a todos no teatro.
Log in or register above to comment