Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Eroski Paraíso presentarase o 18 de xaneiro de 2017 en MADferia, a feira das artes escénicas de Madrid
O pasado 9 de novembro, MADferia presentou en Mercartes (o mercado das artes escénicas de Valladolid) a programación da súa edición 2017, que se celebrará entre o 17 e o 20 de xaneiro en Matadero Madrid. Entre as compañías participantes, o director de MADferia Javier Pérez Acebrón, salientou a presencia de Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014), que estreará en Madrid o Eroski Paraíso dentro do marco da feira, o mércores 18 de xaneiro na Sala Max Aub-Naves do Español.
O pasado 9 de novembro, MADferia presentou en Mercartes (o mercado das artes escénicas de Valladolid) a programación da súa edición 2017, que se celebrará entre o 17 e o 20 de xaneiro en Matadero Madrid. Entre as compañías participantes, o director de MADferia Javier Pérez Acebrón, salientou a presencia de Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014), que estreará en Madrid o Eroski Paraíso dentro do marco da feira, o mércores 18 de xaneiro na Sala Max Aub-Naves do Español. Unha magnífica oportunidade para que Chévere dea a coñecer o seu novo traballo ao tecido profesional das artes escénicas madrileñas e doutros puntos de España que se acheguen a esta feira. Xunto a Chévere, tamén participará en MADferia Baobab Teatro co seu Luppo, o que certifica o gran momento da escena galega, cada vez con maior presenza nas redes doutras comunidades autónomas.
Log in or register above to comment