Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Reliquias do Paraíso
Parte do traballo de creación de Eroski Paraíso supuxo pasar moitas horas entrevistando á xente que unha vez traballara no Paraíso, ou que contribuíra dalgún xeito a crealo. Entre eles estiveron Tucho Carou e Manolo do Paraíso, antigos xestores da sala, que nos cederon parte do material que aínda conservaban, e que se incorporou posteriormente ao espectáculo.
Neste vídeo, Miguel de Lira ofrécevos un percorrido polas distintas reliquias do Paraíso que fomos atopando polo camiño: cascos, lámpadas, rótulos... Obxectos saídos doutro tempo que andaban amoreados en fallados e almacéns, e que hoxe, no teatro, axúndannos a transportarvos a outro tempo e contarvos esta historia.
Log in or register above to comment