Rede Nasa
Eroski Paraíso: the movie
Eroski Paraíso: the movie
Eroski Paraíso naceu como unha obra de teatro creada por Chévere que agora, tres anos despois, se convirte nunha longametraxe. Nela nárrase a rodaxe dun documental que Álex, unha cineasta nova, está filmando nun decorado onde se superpoñen a antiga discoteca Paraíso e o actual supermercado Eroski. Este é o retrato dunha xeración que o tiña todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se percorrese o corredor dun supermercado.
-
Sete candidaturas aos Premios Mestre Mateo
A Academia Galego do Audiovisual vén de presentar as candidaturas aos Premios Mestre Mateo 2020. Eroski Paraíso é o terceiro filme que opta a máis premios, nomeamentes a sete categorías.
Concretamente, o filme producido por Chévere e Ollovivo está nomeado nas seguintes categorías:
▪ LONGAMETRAXE: OlloVivo e Grupo Chévere
▪ DIRECCIÓN: Jorge Coira e Xesús Ron
▪ DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: Lucia Catoira Pan e Fidel Vázquez
▪ INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: Cris Iglesias
▪ INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: Patricia de Lorenzo
▪ INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: Miguel de Lira
▪ MONTAXE: Lucía Iglesias e Jorge CoiraA gala na que se anunciarán os galardoados será o 7 de marzo en Coruña. Ata entón, vémonos nos cines.
Log in or register above to comment