Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Curva España

Curva España

Abrimos este espazo para documentar o proceso de creación de Curva España, o novo proxecto de Chévere que se estreará en xullo de 2019. Coma outras veces, partimos dunha historia moi local: a da Curva España, situada na antiga estrada da Gudiña a Verín, na provincia de Ourense. Hai décadas que por alí non pasa o tráfico, pero a xente a segue chamando así en lembranza de José Fernández España, un enxeñeiro que morreu en 1927 nese mesmo lugar ao caer o seu coche por un barranco, cando realizaba o deseño do trazado da variante sur da liña ferroviaria Puebla de Sanabria-Ourense.

Search results

Searched by galiciantheatre
Atopamos 13 posts e 0 páxina de artista.

Eroski Paraíso, o filme

A principios de setembro, o auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo) acolleu a gravación de Eroski Paraíso: o filme, un proxecto audiovisual dirixido por Jorge Coira que se realizará grazas á colaboración entre dúas produtoras culturais independentes: Chévere, dedicada ao mundo escénico e OlloVivo. orientada aos proxectos audiovisuais.

A mermaid's diary

To share your view about  a traumatic fact of your life is not easy. At least no for me. But if you see that do it can change the reality and that suddenly begin to feel that something transforms  inside you, then take out strengths to arrive at the end and can complete this metamorphosis.

We began to work in "Anatomy of a mermaid" on three August 2017, this day had the first meeting and I felt me happy and full of strength for explaining my history. It wrote in a diary " From here in a year will be explaining in the stage what happened in that labor room". I annotated that had a lot of pains in my tail of mermaid and that had cost me a lot go and come from home until Compostela, but it just had opened  in front of me a new way that nowadays is by where I want to walk around evermore, the one of the complaint, the one to use the scene like powerhouse of the change, this time without doubt.


In the photo that illustrates these words I'm expressing what is for me the motherhood, without wanting to, as really it was measuring the plane to do a videopoem, but anybody would imagine it when seeing to a woman with a baby and a the clothes drying in front. That's the point , to play and go further.

In  two months we'll be at the première of the show, now I have to go to put me  in brine.

Novas funcións de Goldi Libre no mes de abril

No mes de abril volve Goldi Libre con catro novas funcións en Cedeira, Monforte, Oleiros e Ponferrada.

Eroski Paraíso despide a tempada esta fin de semana cunha función en Ponteareas

O teatro Reveriano Soutullo de Ponteareas acolle este domingo día 18 a que será a derradeira función de Eroski Paraíso por unha longa tempada, xa que a compañía está actualmente traballando nos ensaios dun novo espectáculo, Divinas Palabras Revolution, que se estreará no Salón Teatro de Santiago o día 12 de abril.

Eroski Paraíso, espectáculo recomendado por Redescena

Eroski Paraíso vén de ser seleccionado por Redescena para o seu caderno de espectáculos recomendados, unha publicación cuadrimestral na que a comisión de Teatro e Circo da Rede Española de Teatros e Auditorios recolle as mellores obras en xira actualmente por España.

A comisión comisión de Teatro e Circo da rede é un grupo de traballo formado por 12 programadores de distintos espacios escénicos asociados de todo el territorio español, que ten como obxectivo achegarlle aos seus asociados información actualizada e de interese sobre os espectáculos do momento, para axudarlles aos espazos a confeccionar unha programación de calidade.

A Rede Española de Teatros conta actualmente con 152 asociados que xestionan espazos de exhibición de artes escénicas de titularidade pública. Forman parte dela os principais teatros e auditorios do estado, que hoxe teñen un motivo máis para contratar Eroski Paraíso.

Eroski Paraíso despide a súa tempada en Madrid emocionando a unha sala ateigada

Este é o mellor final que se pode imaxinar. Rematar unha intensa tempada de tres semanas nun teatro que está a 600 km. da túa casa e facelo coa sala ateigada, con tanta xente pedindo unha prórroga para poder ver o espectáculo, con chamamentos anónimos a non perderse esta obra, coa complicidade de persoas que nunca antes te viran, coa emoción de sentir como esa cuarta parede de cristal que construimos intencionadamente se vai derrubando diante dos teus ollos, coa certeza de que o teatro ten unha capacidade extraordinaria para facernos sentir como propias historias que son alleas. Marchamos reforzados por non ter pasado desapercibidos, reclamando unha vez máis a atención para a cultura que se fai máis alá desta cidade.

Eroski Paraíso, entradas esgotadas, Sala Max Aub, Matadero-Madrid

Chegou a terceira semana en Matadero. Esta é unha imaxe que vale máis que outras palabras. Chegar ao teatro e ver este cartel colocado na billeteira, tamén en Madrid, significa que fixeches ben o teu traballo.

Encontro co público e coloquio posfunción no Matadero

Onte fixemos un coloquio co público despois da función de Eroski Paraíso no Matadero. Xa estamos no inicio da terceira semana e a afluencia de público empeza a ser masiva. Sendo mércores, a sala tivo unha ocupación moi alta e foron moitas as persoas que quedaron para falar co elenco da obra. A resposta do público supera totalmente as nosas expectativas, os comentarios son demasiado bos. Xa non temos ningunha dúbida de que esta pequeniña historia tan localizada nunha pequena vila da costa galega enténdese en todas partes e chega coa mesma intensidade a todos os públicos.

Encontro e coloquio con galegas e galegos que viven en Madrid

Somos un pobo emigrante, non podemos envitalo, en canto podemos marchamos á procura de algo que nunca máis imos atopar, pero é como se precisásemos estar suficientemente lonxe da terra para sentila cerca. Andar polo mundo facendo teatro en galego e á galega fai que nos vaiamos atopando sempre coa nosa xente esparexida en todas as direccións (en Montevideo apareceron no teatro dous mariñeiros de Carnota para ver Citizen). En Madrid a colonia galega é especialmente numerosa e diversa. E nós quixemos provocar un encontro fóra do teatro para falar de moitas cousas que nos unen a Galicia e á cultura galega e tamén un pouco do Eroski Paraíso, que tanto fala de desarraigo e de memorias espalladas. O que nos quedou claro unha vez máis é que os escenarios que visita Chévere funcionan como auténticas embaixadas de Galicia, ofrecendo acollida e orgullo propio á nosa xente emigrante.

Madrid vístese de Eroski Paraíso para recibir a Chévere

Dá gusto chegar a Madrid e atopar as rúas, as fachadas e o metro engalanadas con chamamentos ao teatro. Desta vez, ademais, tocounos a Chévere vestir algúns recantos da cidade coas fotos que Matteo Bertolino fixo de Eroski Paraíso. Un anaco de Galicia pendurado por riba e por debaixo da cidade para reclamar un intre de atención cara a escena galega. Aquí estamos!

Estrea oficial de Goldi Libre no Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

O 18 de outubro foi a estrea oficial de Godi Libre no FITO, no espazo da antiga capela do Campus Universitario de Ourense. A presenza dun traballo de laboratorio coma este nun festival consolidado como o FITO abre novas posibilidades de relacionarse, promovendo a existencia doutro tipo de espectáculos e procesos de creación en Galicia. Moitas grazas ao FITO e á xente de Sarabela por confiar na Berberecheira e ser cómplices de traballos menos comerciais pero máis necesarios. A peza funcionou extraordinariamente ben para un público que non coñecía de primeira man os feitos que se contaban e aos seus protagonistas, pero que encheu totalmente o aforo da antiga capela.

Nuevas fechas para Eroski Paraíso

Ya tenemos confirmada casi totalmente la gira de Eroski Paraíso durante los próximos meses. Serán un montón de funciones por toda Galicia, y tendremos la oportunidad de actuar en algunos escenarios por donde hacía mucho tiempo que no pasábamos. Para que vayáis guardando las fechas, os vamos contando.

La próxima función será en el ayuntamiento de Cariño, dentro de la Mostra de Teatro Galego, que este agosto celebra su edición número 38. Si andas por ahí, podrás vernos el día 19 a las 22.00 h. en el Teatro Municipal. Posteriormente, en el mes de septiembre, haremos parada en Narón, el día 17, y en Boiro el día 30.

Eroski Paraíso en dFeria

Eroski Paraíso presentouse o 7 marzo en dFeria, a Feira das Artes Escénicas que se celebra anualmente en Donosti. Chévere foi a única compañía galega presente na feria e colleitou moi boas críticas co seu novo espectáculo.