Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


As Fillas Bravas

As Fillas Bravas

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Equipo técnico e artístico

En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar. Dramaturxia e dirección: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Adestramento musical: Inés Portela. Caracterización: Fanny Bello. Técnica en igualdade: Raquel Piñeiro/Promove. Comunicación: Xana García. Produción executiva: Patricia de Lorenzo. Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic. Agradecementos: Carme Hermida, Mercedes Peón, farmacia Díaz Méndez, Emilio Iglesias Moda.