Rede Nasa
As Fillas Bravas
As Fillas Bravas
As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.
-
As Fillas Bravas percorreron o concello de Teo
As Fillas Bravas completaron no local da Asociación O Cachón de Vilar de Calo, unha ampla xira polas parroquias que conforman o territorio do concello de Teo. Ao longo dos últimos meses, os cantos emancipatorios das Fillas Bravas chegaron a máis de 1.500 veciñas e veciños de Bamonde, Francos, Solláns, Lampai, Calo, Os Tilos, Luou, Pontevea, Cacheiras e Ramallosa. Un traballo que foi posible grazas ao proxecto de residencia teatral que Chévere desenvolve en colaboración co concello de Teo.
Log in or register above to comment