Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Anatomy of a mermaid

Anatomy of a mermaid

Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.

Sobre a Berberecheira

A Berberecheira é un banco marisqueiro enriquecido polas mareas que entran por unha Boca do Río aberta na praia de Carnota (A Coruña). Un criadeiro natural custodiado por xentes da zona para uso propio e goce do resto do mundo.

De aí nace a idea desta outra Berberecheira teatral promovida e custodiada por Chévere:

  •     un espazo para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva que desbordan o núcleo estable da compañía,
  •     un laboratorio de creación sustentado en redes estables de cooperación,
  •     un lugar de encontro e diálogo entre creadores, públicos e axentes culturais.

Unha iniciativa que utiliza como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento, a experiencia e a proxección de Chévere co obxectivo de ampliar a documentación escénica de feitos e historias que conformaron e seguen dando forma ao mundo no que nos tocou vivir.

Un proxecto que forma parte do plan de residencia que Chévere desenvolve co apoio do Concello de Teo.

Os proxectos sementados co apoio da Berberecheira son:

  •     Goldi Libre (2016), unha historia de César Goldi sobre a súa experiencia como insubmiso preso nos cárceres de Felipe González.
  •     Salvador (2017), unha historia de Borja Fernández sobre a descuberta do seu avó emigrado en Brasil e o impacto das ausencias.
  •     Anatomía dunha serea (2018), unha historia de Iria Pinheiro sobre a súa experiencia no parto e sobre a violencia obstétrica.