Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Ultranoite San Martiño, chegou o inverno!

Chegou o inverno e a Ultranoite xa está aquí vestida de neve, frío e chuvia para dar conta da actualidade. A estrea será o día 31, de outubro, noite de Samaín emortos vivintes, e haberá máis funcións os días 4, 5 e 6 de novembro. Desta vez, coa colaboración de Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Arantza Villar, Clara Gayo, Borja Fernández, Iván Marcos, César Goldi, Diego Anido, Pepe Penabade, Juan Moredo e A Panadaría e co acompañamento musical ao vivo de Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián, falaremos de maiorías absolutas e ritmos caribeños nun país de verbenas eternas, onde as elites procrean despois dos 50 anos e os bebés nacen vellos.

Fóra do Telón de Grelos hainos que tamén se resisten ao frío e Mariano ignora a evidencia da corrupción acompañado por unha lexión de Camiñantes Brancos. Rita, a mítica raíña de Levante, sen embargo, prepara a súa vinganza contra o escuro Goberno en Funcións. E máis alá do Mar Angosto, todo está preparado para a batalla dos bastardos. Tamén haberá tempo para contar a historia do incauto Don Pedro.

Entradas adiantadas á venda en Redenasa.tv (internet), e a partir do 20 de outubro en: A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e Scq Café (Compostela). As entradas restantes poranse á venda na billeteira da sala unha hora antes do comezo da función.

1 comments

Verónica Castro
Verónica Castro: Moi bon! Gracias por arrancarme unha gargallada!
|
1 people like this