Volvemos dunha nova incursión no arquivo da Nasa para deixarvos a testemuña en vídeo destas esculturas-instrumentos que pasaron pola Nasa no ano 96, dentro do ciclo Outras Músicas. TubeSculpture era un proxecto de Simon Desorgher e Lawrence Casserley, compositores solventes e creadores destes enormes tubos de cristal. Non perdas as estruturas construídas para tocar estes curiosos instrumentos, que lle aportan unha espectacularidade teatral a un son cheo de matices e sorpresas.