Despois de 11 funcións feitas co aforo esgotado en Muros e Teo, Eroski Paraíso, a nova obra de Chévere, poderá verse o 13 de maio en Lalín e 20 e 21 de maio no Teatro Rosalía de Coruña. En xuño, os días 14 e 15, no Festival Tercera Setmana de Valencia. Mentres non volvemos ao escenario, aquí vai este clip coa música que a banda muradana Terbutalina compuxo especificamente para este espectáculo.