Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Eroski - Paraíso: trailer

Eroski Paraíso é o título da nova obra de Chévere, que se estreará en marzo. Como outras pezas da compañía, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión, atopamos a nosa historia na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. A súa filla Alexandra naceu ao ano seguinte. Logo marcharon. Agora Eva traballa no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas e Alex volve a Muros para facer unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado. Eroski Paraíso tamén é o título da súa película.