Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Que pasou coa Nasa?

O domingo 22 de maio de 2011, a cidadanía de Compostela outorgoulle a maioría absoluta no goberno municipal a Conde Roa, por 8 votos de diferencia. Este é un feito que vai ter un impacto importante sobre a vida cultural da nosa cidade. E por suposto, supón un punto e a parte para a Nasa.

Os ataques constantes dirixidos contra nós durante os últimos tres anos (mesmo cunha denuncia diante da Audiencia Nacional acusándonos de apoloxía do terrorismo), baseados en ameazas, insultos e mentiras supuxeron unha dura proba, sobre todo a nível persoal, ao comprobarmos a impunidade coa que un político pode atacar a imaxe e a credibilidade dunhas persoas e dunha entidade diante da opinión pública, coa colaboración de medios de comunicación locais como El Correo Gallego ou La Voz de Galicia, vendidos sen condicións ao discurso do partido único, sen ofrecer a oportunidade de defensa e réplica á parte atacada.

Nesta situación, a comandancia da Nasa ten decidido abandoar a primeira liña da acción cultural. Desde hoxe (26 maio 2011), a nosa presencia fai imposible a continuidade do proxecto Nasa, pois sen a colaboración municipal non ten viabilidade e tampouco ten sentido. Teñamos en conta que a Nasa ten 11 traballadores e uns gastos fixos dificilmente asumibles cando nos retiren a axuda do concello. Por outro lado, non temos estómago para colaborar no proxecto de cidade de Conde Roa, baseado na descalificación e persecución dunha parte da sociedade compostelán, como vimos de comprobar nos últimos anos e até na última campaña electoral, na que o PP prometeu pechar a Nasa.

Porén, consideramos que a proxección de futuro do proxecto cívico e cultural da Nasa non debe depender exclusivamente dos membros desta comandancia. E non o dicimos só polo cansancio acumulado durante estes anos, que é moito, senón porque é o momento de explorar novas fórmulas de xestión cultural máis participativas, nas que a toma de decisións sexa máis colectiva.

Así que, para pensarmos o futuro do modelo cultural da Nasa e da nosa cidade no contexto económico, social e político actual, queremos convocar a toda a xente que queira participar nunha serie de debates abertos que se celebrarán na mañá dos días 11 e 18 de xuño. Será como unha sesión vermú para intercambiar ideas, facer propostas e pensar en aberto cal é a cultura que queremos para a nosa cidade e como queremos participar nela. A nosa particular #acampadanasa

Insistiremos nesta convocatoria ao longo das próximas semanas, tanto para achegarvos temas a discutir como para pedirvos propostas de debate e organización. Contamos coa vosa participación.

E non queremos deixar pasar a oportunidade para agradecervos o voso apoio e acompañamento, sen o que non teriamos chegado ata aquí.

Un forte abrazo,

A Xunta de Comandantes


Posdata:

O candidato electo do PP, Conde Roa, foi condeado a dous anos de cárcere por defraudar a Facienda 300 mil euros e tivo que dimitir en abril de 2012, sen cumprir nin sequera once meses como alcalde. O seu substituto na alcaldía tamén tivo que dimitir, imputado en varios casos de corrupción. E sete dos nove concelleiros do PP no concello foron condeados por prevaricación. En novembro de 2014 apenas unha das personas elexidas nas eleccións de 2011 no PP mantiña o seu cargo. O resto eran concelleiros non electos. Nese mesmo mes de novembro de 2014 Chévere recibe o Premio Nacional de Teatro.

A Xunta de Comandantes

33 comments

Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Gerardo, rexístrate na Redenasa e entende e coñece á comunidade que aquí hai. Non mires só o vídeo do "Tanguillo". Mira este, este. E le.
|
RedeNasa
RedeNasa: Gena, actriz e tripu 69: Sinceiramente quedeime planchada co voso mail, ben sei o dificil que é manter un proxecto coma este, o cansanzo, a loita continua e case segreda que é levar unha sala pero eu despois de tantos anos non dubido en identificarvos como os poucos heroes resistentes e invencibles desa outra cultura, disque alternativa, e resulta imposible imaxinar Compostela sen a Nasa. Sentiría moito que se perdera un espazo único onde ver outro tipo de cultura escénica pero quizais ainda sexa posible atopar unha solución, non credes?
|
RedeNasa
RedeNasa: A Óscar: o local da Nasa non é noso, por desgracia, intentámolo pero non o conseguimos mercar, segue sendo dos mesmos propietarios. Cando o alugamos en 1992, como ben sabes, era unha ruina total e todas as reformas feitas desde entón fixémolas e pagámolas nós.
|
marcos ptt
marcos ptt: Se podemos contar con Tristán, o resto ven dado. Aló imos!!!
|
Maria Seijas
Maria Seijas: Pois conmigo tamén podedes contar para todo. Non teño palabras, estou muda, estou incrédula. Tén que haber solucións a este atentado cultural e os que nos quedan por ver.. Non podemos consentir isto é un asunto de máxima trascendencia para a liberdade creativa, artística e cultural de Compostela. Un alcalde non pode ter todo o poder de decisión para aglutinar tanta represión, outra cousa é que se lle permita; hai outros poderes públicos estatais e institucionais que estan por riba del, hai que comunicalo e expresalo ás máximas instancias ministeriais e culturais do pais , os órganos de competencia, os grupos parlamentarios galegos ... o que sexa para mandalo parar e que o fagan reflexionar. Non é momento para lamentacións, con estas cousas hai que pasar a acción e non deixar pasar tempo, deixarnos de tanta tolerancia, argumentos e reflexións sentimentais. Coido que non todo esta perdido ... temos que pararnos a pensar que vias e poderes deste pais son as axeitadas para dirixirse a elas para transmitir esta grave problemática que afecta ao futuro dun sector que xa demostramos sobradamente que somos grandes profesionais, que nesta terra existen grandes actores e artistas que traspasan fronteiras ... Non deixemos que isto ocurra por favor, non podemos postularnos no victimismo. Dignidade e profesionalidade SI, pero parvos NON.
|
oscar insua
oscar insua: Eu cando a Nasa inda nos existia, era propiedade dun colega que lle chamabamos Pato, e o lugar, un taller antiguo de coches, (de ahi esos huecos no chan na entrada) brindabanos a oportunidade de ir tocar cun amplis e unha batera e ali pasabamos as tardes de sabados e domingos, xusto debaixo de donde agora esta o escenario!!! Pouco despois vendeuse e convertiuse no que agora se coñeze con A nasa, e que dende que comenzou dounos a todos a oportunidad de tocar os nosos primerios bolos profesionales e de traernos boas bandas para ver, asi como teatro , jazz , etc..!! Se este e o final da nasa a verdad e un dos máis tristes que imaxinei, e o peor de todo e que e por politica, un ayuntamiento como o de compostela deberia estar orgullosa deste lugar, se non de donde sairon grandes músicos e actores que levan o nome de compostela por españa adiante?
|
RedeNasa
RedeNasa: María, compañeira de profesión: Non damos credito ao acontecido o domingo. Que ben funciona a manipulación nun caldo de medo e ignorancia. Faremos todo o posible por vir a reunión do sábado 11.
Desde o elefante vos mandamos unha aperta enorme de gratitude e cariño, e sobre todo, moito, moito coraxe para atopar vias alternativas e poder seguir traballando
|
RedeNasa
RedeNasa: Raquel, tripu 51: Nom sei se é a maneira mais oportuna de responder esta carta, mas só queria dizer-lhe à comandáncia e a toda a gente da NASA que entendo perfeitamente a súa postura. A vitória de Conde Roa fai que a esperança no ser humano seja pequena, polo menos nos seres humanos votantes, ou algo assim. Esta situaçom foi de verdadeira tristeza para todos.
E maior tristeza é saber que a NASA fecha, só queria transmitir que foi um grande prazer e um grande orgulho compartir o projecto como tripulante, como espectadora, como alguém que passava por aí. Obrigadíssima polo vosso trabalho, muita cousa boa para todos saiu dele.
|
RedeNasa
RedeNasa: Cileo, tripu 41: Que pena me da recibir este mail; pero creo" que nunca choveu que non escampara "; e por iso que co apoyo de toda a tripu e de todos os asistentes a NASA volveremos facer presión e sairemos moi victoriosos ,Iso esta asegurado porque o mellor; hai cornamentas que non quere o señor FUTURO ALCALDE que saian a luz.ANIMO PARA TODOS NOS
|
RedeNasa
RedeNasa: Nerea, tripu 89: Creo que non hai palabras que poidan expresar o baleiro que sentimos só ao pensar na posibilidade de que deixen de existir a NASA e todo o que a NASA conleva e simboliza. Cando, de feito, desapareza, teremos que enfrontarnos en carne, en óso e en espírito a esa nova realidade... a todo o que esa nova realidade vai simbolizar e conlevar. Nestes casos, mellor adiar.
|
RedeNasa
RedeNasa: María, tripu 83: recibo a vosa carta con moita tristeza e estraño dende xa a sala e todo o que nela vivín, pero entendo todo o que escribides. Agardo con ansia que das cinzas dese magnífico proxecto que a Nasa é, e que tanto marcou, no meu caso, a concepción de espectador e de cultura que teño a día de hoxe, naza algo que nos leve sempre máis alá.
|
RedeNasa
RedeNasa: Inés, tripulante 27: Pois algo me cheiraba xa... E aínda que como tripulante lamento o peche, enténdoo e admírovos máis se cabe pola decisión.
|
RedeNasa
RedeNasa: Fuco, tripulante nº 18, mándanos esta mensaxe: Ánimo, e por suposto eu quero que siga a NASA. Sería unha mágoa que pechara.
|
RedeNasa
RedeNasa: Ola Borja, a Nasa pide as axudas do Ministerio de Cultura desde hai 15 anos e aproximadamente desde o ano 2001 vímolas recibindo con regularidade, pero por desgracia o apoio do Ministerio ás salas da periferia é moi reducido, concentrándose as axudas máis importantes en Madrid e Barcelona. As axudas que recibe a Nasa do MInisterios van entre 6.000€ e 11.000€. E a NAsa ten unha programación de compañías de fóra de Galicia bastante importante, unhas 20-25 funcións de teatro e danza ao ano.
|
Gippini
Gippini: Totalmente dacordo con Marga, hai que facer o dossier.
|
Borja F. Caamaño
Borja F. Caamaño: Hmmm... sei que non é moito, que para este ano pasou o prazo, pero vexo nas bases das axudas do Ministerio de Cultura:

-Ayudas a la Danza, Lírica y Música (cuantía media da axuda: 10-15.000)
-Ayudas difusión de Teatro y Circo (cuantía media da axuda: 10-15.000)

Potencian, iso si, a presenza de compañías ou grupos de outras Comunidades para a concesión: hai unha lista moi grande das salas que conseguiron as axudas outros anos e seguro que se pode crear unha rede nacional para cumprir ditos requisitos... compartir grupos, mini-compañías e asociacións.

As axudas poden chegar aos 60.000 cada unha, descoñezo se é posible solicitar as dúas, e imaxino que é máis do que daba o concello.

Son tempos de cambio, é certo, pero sería un erro moi grande abandoar agora con ánimo derrotista; hai alternativas e, ben, a idea de marchar a por exemplo Teo só serviría para ver a Sala baleira en cada actuación... aínda sendo cidade de estudantes, Santiago, en ocasións non se conseguían cheos espectaculares... que pasaría en Teo ou similares???

Hai que apeitugar este ano, entre TODOS, co obxectivo de abrirse a unha programación mais potente, traendo habitualmente xente de fora, para optar as axudas de Madrid...

É AGORA MAIS NECESARIO QUE NUNCA FORMAR O CONTRAPUNTO!!!

Graciñas pola vosa atención...
|
RedeNasa
RedeNasa: Marga Alborés, tripulante veterana da Nasa, mándanos esta reflexión (dedicádelle uns minutiños):
Xa lle escoitei dicir ao sr. Alcalde q vai gobernar para todos. Pois ben, ou empeza incumplindo as suas promesas electorais ou continua co acoso e derribo da Nasa.

De paso, destrue un montón de postos de traballo mentres continua afirmando q creará emprego.
De todas todas, antes de empezar o seu mandato, xa se está pasando as promesas electorais polo forro .
Seguramente incumplirá o resto das proclamas, pero o de desmontar a Nasa non se lle vai esquecer.
Porque no seu afán de orientar a actividade de Raxoi cara os servicios sociais, considera indignante que o concello de Santiago aporta a mesma cantidade de cartos á Nasa que á cociña económica.
Claro que ao eliminar as subvencións á cultura, a xente da farándula volverá á cociña económica coma nos vellos tempos, e de novo compartirán mesa, artistas, maleantes e xentes de mal vivir.
Incrementarase o número de comensais, pero ao ter subvención doble non han de faltar lentellas.
Outra contraditio do sr alcalde! Primeiro dí que non vos vai dar un peso e despois págavos a comida.
E non contento con manter a todo dios, vai facer tamén moita guardería, asilos, centros de dia , asistencia domiciliaria….
Asi q de min a vos, iría pechando e facendo os papeis de indixentes para disfrutar da estupenda infraestutura de servicios.
E despois a cultivar as vosas artes que tampouco sacábades moito máis co chiringo aberto!
Hai quen di que é mellor dar unha cana de pescar que dar peixe, .
Pero el non debe ser desa opinión cando se carga a nasa coa que aprendeo a pescar xente coma Luis Toxar, por exemplo.
Unha nasa que durante mais de 15 anos, alimentou literal e artísticamente a actores, músicos, magos, técnicos, camareiros, administrativos, xestores culturais, tramollistas, carpinteiros, albaneis, limpeza,, e un longo etcétera.
Unha nasa que rescatou do fondo do océano maravillas que ainda ninguén vira , promesas que despois foron, tesouros que fascinaron ao mundo.
Eu vin como facía emerxer da planicie mariña, fantásticas escenas que representaban a nosa vida, castelos que acollen aos que non son de ningures e ardoras que nos fixeron relucir na noite.
Que non teremos visto na Nasa?
Penso que deberíamos facer un esforzo en configurar unha historia da Nasa , un documento no que quede testimuña de todo o que aí pasou, de todo o que aí naceu e medrou, dos patitos feos que se volven cisnes, do desentumecemento da cultura galega, da evolución artística deste país, de vanguardias e retaguardias , de viveiros e mausoleos de…
Se se mostra a aportación que a Nasa fixo á vida cultural da cidade e ao desenrolo artístico de Galicia, non creo que ninguén poda dicir que lle saira caro ás arcas públicas .
E comparando o resultado da actividade da Nasa co de outros proxectos culturais subvencionados ao longo destos 16 anos, penso que non hai ningún que teña influido tanto nas principais figuras da escena galega de hoxe en día.
A Nasa abriu portas, forxou aceiros, alentou lumes, rachou moldes, creou mundos,
expandíu inxenio, inventou maneiras, comunicouse co mundo e o mundo respondeulle, e no tempo eterno de Compostela marcou a hora do noso reloxio.
Todo esto debe ser mostrado.
E cando o documental magnífico consiga mil premios, igual vén o conde ese con cara de pelillos a la mar a ofrecervos o hospital vello para montar a Nasa nova.
E aí si que lle vería eu sentido a iso das axudas ás asociacions socio-sanitarias que promete no seu programa.
Veña! Hai que facer un gran dossier do tempo Nasa.
|
RedeNasa
RedeNasa: Estas foron algunhas das últimas declaracións do novo alcalde, hai unha semana, reafirmándose na súa intención de retirar toda axuda á sala Nasa: http://www.xornal.com/artigo/2011/05/11/politica/conde-roa-volve-vincular-sala-nasa-co-terrorismo/2011051110391800867.html

Aquí fala de homenaxes a "etarras que fixeron atentados en Santiago" (sic), simplemente un delirio e unha mentira descomunal que os medios nin se preocupan en contrastar, todo vale:
http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/conde-roa-aboga-reorientar-politicas-raxoi-servicios-sociales/idEdicion-2011-05-17/idNoticia-668645/

Etc. etc.

|
Pepa Yáñez
Pepa Yáñez: este alcalde éche un "opustunista", a ver si agora vai a recuar...
|
Eva L Saavedra
Eva L Saavedra: Que dicir que xa non sepas ... imos sair de esta, quen está detrás....., o coñecemos todos, e agora o fará o resto do mundo, e maís, xa o están facendo, porque cada día ven na prensa algunha lindeza nova do polo! Ron, xa o sabedes, os queremos, os apoiamos, e todo o que podamos facer por vos, esta feito de antemá!!. Un gran bico e GRANDE NASA!
|
Pedro Vázquez Verdes
Pedro Vázquez Verdes: Vémonos o día 11. Apertas.
|
Carlos Castro López
Carlos Castro López: ¿Qué podemos hacer el común de los mortales?
|
carme
carme: Grande Xesús, coma sempre! Grande toda a xente que fixo e fai a Nasa!
Concordo con todo. Alto e claro: Basta xa de fanatismos!
Libertade de expresión= Dereito fundamental. .
Conde Roa= Difamador mentireiro.
Era para denuncialo a el.
Forza e todo o meu apoio!!!
|
Borja Fernandez
Borja Fernandez: mais claro e simple imposible. contade conmigo.
|
Outel Marinho
Outel Marinho: Rapazes, tedes o apoio dos vossos navegantes eternamente para o que faga falha. Apertas
|
Pepita
Pepita: Que non decaiga camaradas!! Non deixemos que esto desapareza!!! Hai que facer algo! :_(((
|
Lola Canosa
Lola Canosa: Ánimo!!!!! Que sería de nós sem artistas criativos, inteligentes, lúcidos e íntegros como Chévere e a sala Nasa...
Os psico-sociópatas que dirigem a sociedade neste momento, nom som necessários. Vós sim. Eles, som uma espécie a extinguir. Vós, o futuro da espécie.
Porque a vida evolúe cara adiante, nunca volve atrás.
Gostaría de agradecer tantos bons momentos, tantas emoções, tantas refleixões com cada uma das vossas criações... Desde Supersónic até o dia de hoje. Passando pola Salomé de Wilde, O Rio Bravo,a Òrbita Mutante, e todas as que tive a sorte de ver. Pola revista ANIMAL. Polo projecto de Sala Nasa, que se encetou alá polo 1991, após volver da maravilhosa aventura de "La Vie en Rose". ´
Em fim, Xesús. Que gosto imenso da tua sinceridade, da tua atitude humildemente combativa, do vosso talento que nos fez reparar nas múltiples facetas da realidade que, por vezes, esquecemos. Uma aperta para todos. E muito ánimo. Que viva a Cultura, que viva o teatro, que viva a gente libre e honesta. E, aos estúpidos, já lhe chegará o dia. Estou segura.
|
marisú janeiro
marisú janeiro: puxen que me gusta o vídeo en canto á información que contén,porque ser,é ben duro de oir.Efectivamente,algúns(que por desgracia son políticos) sofren "delirium tremens".Sorte a todos os que facedes da cultura algo digno e libre!.
|
FUCKYOU
FUCKYOU: esclarecedor, o video. saúde e ánimos, a seguir pra diante onde queira que sexa, camaradas!
|
catalina sanchez luengo
catalina sanchez luengo: e nen@s contade conmigo tamen ..... para o ke faiga falla .....


|
fyty
fyty: Isto non pode ser, non pode quedar así sin mais, non podemos permitir que un tipo se dedique a tirar polo chan, gratuitamente a imaxen da sala e dos tripulantes, e dos que non somos tripulantes, porque eu sìntome tamen ofendida e atacada e acusada sen motivo, como usuaria da nasa que fun durante moitisimos anos, e sigo sendo ainda que mais ocasionalmente.
Ten que poderse facer algo, ¿non se podería demandar o "señor" conde roa por infamias, por ir contra a verdade, ten que existir algunha fórmula xurídica, ou unha maneira legal de facerlle frente. isto non pode quedar así.
Sintome moi triste co peche de nasa, pero ai que atopar un modo de seguir vivos, a loita ten que continuar fai falla un toque de color no pais que se nos presenta, ou iso, ou eu métome a invernar ate que veñan tempos millores.
Moito ánimo¡¡¡e por suposto que podedes contar conmigo.
|
Peter De Mille
Peter De Mille: Ah, son o 122!!
|
Peter De Mille
Peter De Mille: Joeer, parece que voltamos ó máis duro da posguerra civil. A ultradereita campando por vilas e montes, e a xente de ben tendo que voltar ás catacumbas mentres os "gosos de esquadra" disfrutan apaleando contribuintes.
E ainda por riba esto.
Que vai ser de nos sen a NASA? Tantas noites voltando á Coruña despois da función co sorriso posto gracias a vos ... Miguel, Manolo,Patricia,Piti, Xron,Mon... Gracias por regalarnos tantos cachiños de ledicia.
|