Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xron, John Eastham e Suso Alonso representaron por primeira vez este número para a Ultranoite Performática de San Xoan, no ano 96, logo de ter asistido a un seminario de performance. Como esta performance á galega con pulpo incluído resultou ben, o número foise representando cada poucos anos variando o reparto. Un clásico da Ultranoite e o momentazo Ultranoite de Xron.
Momentazos Ultranoite
Máis de 20 anos de Ultranoite deron para moito. Para facer comedia, música e performance, para darlle unha primeira oportunidade de subir ao escenario á xente que estaba comezando a actuar, para volver traer de visita a xente que xa levaba moito tempo actuando e mesmo para escribir unha crónica de Galicia gamberra e alternativa á oficial, e que se fai evidente ao repasar os temas das máis de 80 Ultranoites que levamos feitas dende o ano 93 ata hoxe. Agora estamos a preparar un libro sobre o noso particular cabaré de variedades, no que incluiremos algúns dos nosos e dos vosos momentos favoritos da Ultranoite, e para isto pedímosvos axuda.
Cales son os teus momentazos Ultranoite? Que número recordas con máis cariño? Tes fotos ou vídeos perdidos polo ordenador? Compárteos con nós!
Pulposition: o orixinal
8 people like this
1 comments
Log in or register above to comment