Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


PROGRAMACIÓN EN "A REGADEIRA DE ADELA" PARA ESTE PECHE DO MES DE NOVEMBRO

"A Regadeira de Adela" volve na súa terceira semana de vida con máis programación de danza, teatro e cabaret. Nesta semana, recordarvos a todos/todas que será a derradeira semana para a compañía VOADORA que está a presentar no Salón de Adela a súa nova peza "Happy End". Os horarios para poder estar cos voadores e pasar un bo rato con esta particular comedia musical serán mércores, xoves e venres, ás 20.45 horas, 21.15 horas e 21.45 horas.

Tamén nesta semana chegan por vez primeira ás dependencias de Adela dúas novas propostas. Na Alcoba de Adela estará nesta ocasión Marta Alonso Tejada con unha microproposta de danza contemporánea "Track 6", en horarios de 20.30 horas, 21.00 horas e 21.30 horas. E no Roupeiro de Adela estarán o dúo Lilí Berlín, con amplo percorrido por terras galegas, con microcabaré alemán en horarios de 21.00 horas, 21.30 horas e 22.00 horas.

Non volo perdades. Unha achega ó teatro e ás artes escénicas DIFERENTE.