Vai para 13 anos, en marzo do 99, os Enemigos estiveron na Nasa na xira que fixeron para presentar o seu disco Nada. En realidade, teñen estado moitas máis veces, antes e despois (ao ano seguinte gravarían na sala parte das cancións que logo utilizaron para o recompilatorio Obras Escocidas), pero de momento esto é o que conseguimos rescatar. O son está un pouco saturado e a imaxe só regular. Aínda así, pareceunos que merecía un sitio neste arquivo dixital.