Os días anteriores ao Nadal, os Chévere, xunto con catorce mozos e mozas, estiveron inmersos nun obradoiro de prácticas de creación escénica, co obxectivo de abrir espazo de interacción, transmisión de coñecementos e diálogo interxeracional e tamén de incorporar a un actor ou actriz ao elenco do novo espectáculo de Chévere, Eroski-Paraíso, que se estreará no mes de marzo. Para axudarnos a seleccionar os participantes (algo que non foi doado, xa que tivemos máis de 40 solicitudes) pedímoslles que nos enviasen un vídeo contándonos a súa primeira experiencia nunha discoteca, un dos temas de partida de Eroski Paraíso. Recibimos moitas achegas de moi boa calidade e pasámolo moi ben revisándoas todas. Como mostra da grandísima canteira de actores e actrices novas que temos en Galicia, queremos compartir con vós esta orixinal peza que enviou Natalia Ibáñez. Que vos parece?
Obradoiro de prácticas de creación escénica con Chévere
1 people like this
Log in or register above to comment