O Obradoiro do Espectador é unha iniciativa de Chévere como compañía residente na NASA, posta en marcha en 2009 coa colaboración da Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela. Cada mes, a compañía desprázase a un barrio da cidade para falar sobre un espectáculo que logo un grupo de persoas veñen ver na sala, mantendo un coloquio cos actores e actrices ao rematar a función. O venres estivemos a falar sobre Citizen 3. Aí vai un cachiño. En Febreiro no Obradoiro traballaremos sobre Macarena Recuerda, que iremos ver o día 26.