Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video

Momentazos Ultranoite

Máis de 20 anos de Ultranoite deron para moito. Para facer comedia, música e performance, para darlle unha primeira oportunidade de subir ao escenario á xente que estaba comezando a actuar, para volver traer de visita a xente que xa levaba moito tempo actuando e mesmo para escribir unha crónica de Galicia gamberra e alternativa á oficial, e que se fai evidente ao repasar os temas das máis de 80 Ultranoites que levamos feitas dende o ano 93 ata hoxe. Agora estamos a preparar un libro sobre o noso particular cabaré de variedades, no que incluiremos  algúns dos nosos e dos vosos momentos favoritos da Ultranoite, e para isto pedímosvos axuda.

Cales son os teus momentazos Ultranoite? Que número recordas con máis cariño? Tes fotos ou vídeos perdidos polo ordenador? Compárteos con nós!

  • Previous
  • Next
Insert