Pode que algúns xa o saibades: onte, na gala de entrega dos premios María Casares, que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Eurozone foi galardoada co premio ao mellor espectáculo. Tamén recibiu os galardóns á mellor actriz de reparto (Patricia de Lorenzo), mellor iluminación (Fidel Vázquez) e mellor escenografía (Javier Domingo Ballestín). Aquí vos deixamos o vídeo no que o equipo recolle o premio, e do que faltan uns segundos (non por censura, senón por un problemiña coa cámara). Graciñas a todo o mundo polos parabéns recibidos. Recordámosvos que seguimos xirando por Galicia: mañá en Lugo, o 4 de abril no Barco, o 17 de maio en Ferrol e o 31 en Narón. Vémonos no teatro!
Eurozone, premio María Casares ao mellor espectáculo (e outros tres)
2 people like this
2 comments
Log in or register above to comment
Javier Abraldes:
Y muchas felicidades a Patricia y a Fidel (a Javier no lo conozco... creo), aunque las felicidades en realidad son por el trabajo bien hecho, no por lo de los premios...
Javier Abraldes:
¡Enhorabuena!