Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Matinal de jazz no IES de Cacheiras

Luns pola mañá, no IES de Cacheiras as aulas comezan de xeito distinto para o alumnado de 3º da ESO, máis de 120 rapazas e rapaces que asistiron a un encontro ao vivo con catro músicos de jazz: Pablo Castaño (saxo), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería) e Xacobe Martínez Antelo (contrbaixo).

O encontro foi un concerto, foi unha jam e tamén foi unha clase maxistral sobre unha materia que non está nas currículas escolares, pero que interesou a todos os asistentes: o jazz. Sobre todo porque quen estaba alí diante deles falando eran catro músicos profesionais que transmitían coñecementos desde a experiencia propia. Falaron do máis básico, dos instrumentos de traballo, falaron do que para eles era o jazz como práctica musical e como actitude fronte á música, analizaron temas, explicaron como se estruturan e como opera o músico para improvisar e trazaron unha panorámica do jazz desde Duke Ellington ata as composicións máis contemporáneas.

1 comments

Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Por que hai tan poucas mulleres músicos de Jazz en Galicia? Esta mañá alguén fixo esta pregunta no IES de Cacheiras e ninguén respondeu.
|