"Autorretrato de un joven capitalista español" é un monólogo no que Alberto San Juan fala do seu país desde o ano do seu nacemento en 1968 ata hoxe. Aportando numerosos datos, nomes propios e datas, o actor dá un repaso á Transición, ás súas arraigadas raíces no franquismo, á monarquía juancarlista, ao ascenso do PSOE ao poder, á progresiva privatización dos servizos públicos, para entender como chegamos á crise actual. O actor non fala desde a ira nin a carraxe, senón desde a ironía, ríndose publicamente de si mesmo, do mundo privilexiado do famoseo que rodea ao cine e ao que el mesmo pertenceu ata que a crise o "espertou". Unha peza sincera e moi honesta dun actor que foi parte da compañía Animalario e máis coñecido pola súa participación en filmes como Airbag, El otro lado de la cama, Bajo las estrellas (Goya ao mellor actor), etc.
Función única no CSC da Ramallosa (Teo) o venres 8 de maio ás 22,00h.