Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Photos
Insert

Eurozone's video release on Monday

Eurozone, o espectáculo de Chévere sobre a crise da zona euro estreado no 2013, chegou á súa fin, logo de máis de dous anos xirando. Porén, como xa non o imos volver representar, queremos compartir con vós a gravación en vídeo desta obra que, logo de tantos meses, aínda non perdeu vixencia. Así que estade atent@s, porque a partir do luns e ata o venres irémola publicando por capítulos, con algún que outro extra engadido. Coma sempre, os comentarios son benvidos.

Queda por aí alguén que non saiba que é Eurozone? Se é así, aí vai un pouco máis de información.

Eurozone é un panfleto teatral sobre a crise da zona Euro que fala sobre o fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo, sobre unha clase dirixente que só exerce opoder no seu propio beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financeiro. Un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias a Reservoir Dogs coa linguaxe da publicidade, os casinos online, os bailes de salón e o argot económico que asulaga as nosas vidas.

Unha creación Chévere, compañía residente no concello de Teo (A Coruña). Eurozone estreouse na Ramallosa (Teo) o 22 de febreiro de 2013.

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Pepe Penabade, Borja Fernández. Dirección e dramaturxia: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Iluminación: Fidel Vázquez. Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Espazo escénico: Javier Domingo Ballestín e Chévere. Coreografía, loita: Iván Marcos. Espazo audiovisal: Cuco Pino/Quadra producións. Construción escenografía: Enrique Martínez. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Deseño web: A Navalla Suíza. Unha produción Chévere, compañía residente no concello de Teo. Apoio: Agadic, Concello de Teo. Duración: 90 minutos