Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Goldi Libre: estrea o 13 de outubro en A Ramallosa (Teo)

Goldi Libre (autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González) é unha peza de teatro documento sobre o movemento de insubmisión que acabou coa suspensión do servizo militar obrigatorio en España, feita a partir da experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, un dos centos de mozos que tiveron que pasar polo cárcere para conseguir unha sociedade máis xusta, igualitaria e desmilitarizada.

Un proxecto creado e desenvolvido na Berberecheira, o criadeiro teatral custodiado e promovido por Chévere en Teo.

Funcións no CSC Ramallosa (Teo) os días 13, 14, 20 e 21 de outubro ás 21,00h. Entradas á venda en http://redenasa.tv, e nos seguintes locais: Café SCQ (Santiago), Panificadora San José (Cacheiras), A Santa Sede (A Ramallosa) e A Senra (Pontevea).

O martes 18 outubro preséntase no Festival Internacional de Teatro de Ourense: Antiga capela do Campus Universitario, ás 20,30h.

Vídeo: Tiago Alvite