Vaites, o contido ao que intentas acceder xa non existe.

Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Desembarcovigo
Photos
Insert

En abril Chévere desembarca en Vigo

No mes de abril a compañía Chévere desembarca en Vigo cunha mostra de distintos traballos recentes. Unha oportunidade perfecta para que toda a xente da cidade e da comarca coñeza a obra da primeira compañía galega en recibir o Premio Nacional de Teatro.

Chévere é consciente das enormes dificultades que existen agora mesmo para garantir o acceso da maioría da poboación á cultura en galego. Conseguilo é unha tarefa que esixe a implicación dos axentes culturais e da cidadanía, máis alá dos limites impostos polas institucións. Por iso Chévere decidiu asumir o risco de presentar en Vigo as súas últimas producións pola billeteira, sen o respaldo económico directo das administracións públicas.

Se queremos garantir o acceso á produción cultural en galego hai que comprometerse. Por Chévere que non quede. Confiamos en contar coa complicidade dos públicos de Vigo e comarca. Axúdanos a espallar a información!

Este é o calendario do desembarco:

XOVES 9 ABRIL, 20,00H. / CAFÉ DETRÁS DO MARCO

Presentación ao vivo do libro-disco-DVD "Máis Alá da Ultranoite (crónica canalla do cambio de milenio 1993-2013), que contará coa presenza de toda a compañía para facer unha proxección comentada de vídeos histórico da Ultranoite e interpretar en acústico a banda sonora da Ultranoite no País dos Ananos. Entrada de balde. http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/mais-ala-da-ultranoite-librodiscodvd-presentaaccion-en-vigo/

LUNS 13 ABRIL 19,30H. / MARCO MUSEO

Proxección e pre-estrea do filme documental "A Viaxe dos Chévere" dirixido por Alfonso Zarauza, que se poderá ver en Vigo por primeria vez. Ao rematar, coloquio co director e algúns membros da Chévere. Entrada de balde.

http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/a-viaxe-dos-chevere/

VENRES 17 ABRIL 21,00H. / AUDITORIO MAR DE VIGO

Función especial do musical "Ultranoite no País dos Ananos", un axuste de contas coa Galicia actual feito con moito humor, irreverencia e unha banda de música ao vivo. http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/ultranoite-no-pais-dos-ananos/

Entradas adiantadas xa disponibles desde 10€: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/auditorio-palacio-de-congresos-mar-de-vigo/4830---ultranoite-no-pais-dos-ananos-grupo-chevere.html

SÁBADO 25 ABRIL 21,30H.  DOMINGO 26 ABRIL 20,00H. / SALA ÁRTIKA

Actuación das Fillas Bravas, tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.  Entradas na billeteira da sala: 8€ http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/as-fillas-bravas/