Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video

Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño

Celebramos o Día das Letras Galegas ofrecéndovos unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago. Ademais, para renderlle homenaxe a Roberto, fomos cos Chévere a Vista Alegre, barrio do que era orixinario, para lembrármonos del. Agardamos que gocedes co resultado!

Insert

Un sketch dos Chévere para contarlle a Roberto Vidal Bolaño que pasou por aquí desde que él non está

Para celebrar que o Día das Letras Galegas se lle dedica este ano a Roberto Vidal Bolaño a vindeira semana publicaremos íntegra a obra Sen ir máis lonxe, gravada cando a peza se representou na Nasa. Tamén ofreceremos un recordo da figura de Roberto por parte dos Chévere, a modo de homenaxe antigo compañeiro de escenarios e habitante da que foi a Nave de Servicios Artísticos de Santiago. Entre tanto, deixámosvos este sketch da Ultranoite do Aquí, no que Manuel Cortés, Xron e Miguel de Lira informan a Roberto do acontecido dende que el finou.