Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Persoas, unha multipremiada curta feita polo alumnado do IES Cacheiras coa colaboración de Chévere

Persoas é unha curtametraxe creada en 2014 por alumnado de 4º de ESO da materia optativa Linguaxe Audiovisual do IES de Cacheiras, dentro do proxecto educativo Aturuxo Filmes, Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación 2014. Esta curta contou coa colaboración do grupo Chévere, como parte das actividades do seu proxecto de residencia teatral en Teo. Os actores e actrices da compañía formaron o elenco da película e foron dirixidas polo alumnado. A música foi composta e interpretada por alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

O guión parte do argumento inicial da obra teatral Personne representada en Marsella polo grupo de teatro do  IES de CACHEIRAS dentro do programa Comenius L´Europe en six actes. Desde a súa estrea en 2014, a curtametraxe percorreu certames e festivais de medio mundo con numerosos recoñecementos: 1º PREMIO OUFF ESCOLA 2014, Ourense. PREMIO DO PÚBLICO CERTAME NO TE CORTES 2014, Madrid. 1º PREMIO PELEÓN OLLOBOI 2015, Boiro. 1º PREMIO LINGUAS MINORITARIAS BEGIRADAK FESTIVAL 2015, Donostia.

E proxectouse tamén como finalista nos seguintes festivais: PLURAL PLUS ONU 2014, Nova York. ENCONTRO AUDIOVISUAL DE XÓVENES CINEMA JOVE 2014, Valencia. FESTIVAL INTERNACIONAL DE PONFERRADA 2014. FESTIVAL CINE SOLIDARIO KO&DIGITAL 2014, Barcelona. FESTICORTOS 2014, Córdoba (Arxentina). FORO INTERNACIONAL CINEMA PEQUENAS NACIÓNS, ALFABETIZACIÓN FÍLMICA E NOVAS AUDIENCIAS 2014, Facultade Ciencias Comunicación USC. Santiago. FESTIVAL INTERNACIONAL CINE INFANTIL E XUVENIL 2014, Mérida (Venezuela). SELECTIVA ÚNICA 2014, Barcelona. FESTIVAL INTERNACIONAL INFANCIA E ADOLESCENCIA 2014, Bogotá (Colombia). INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL 2015, Plasencia. FORUM INTERNACIONAL PLATAFORMA UNIAL 2015, La Habana (Cuba). KONTRABANDO FILM FESTIVAL 2015, Mallorca. FINALISTA AUTONÓMICO PREMIO ACCIÓN MAXISTRAL 2014, Fundacións FAD e BBVA.