Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Comentario sobre o libro de Frédéric Martel: “Cultura mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas“

Que é a cultura mainstream? O autor, no glosario do final do libro, define o término mainstream: “para o gran público”. Dise, por exemplo, dun produto cultural que aspira a ter unha gran audiencia.

O libro de Frédéric Martel parte dunha premisa compartida por autores como Mario Vargas Llosa no seu recente ensaio “A civilización do espectáculo”: a partir de mediados do pasado século chegamos ao final das xerarquías culturais, e iso ten como resultado unha indistinción entre a arte e o puro entretenimiento.

Isto trouxo como consecuencia, por exemplo, que o crítico (musical, literario, cinematográfico) deixe de ser unha especie de gardián da fronteira entre ambos e xa só sexa un mediador que decide a moda e os gustos do público, ao servizo das grandes empresas productoras de entretenimiento.

Así, a cultura é tratada cada vez máis como unha “actualidade” que hai que interpretar e xa non como unha arte cuxo valor hai que desentrañar. Como exemplo, o autor comenta que no diario Miami Herald hai unha xornalista encargada á vez do sector inmobiliario e do entertainment.

Eu teño a desagradable impresión de que en España, desde fai anos, os suplementos dalgúns grandes periódicos pasaron da crítica artística informada á interesada e pura promoción de “produtos culturais”.

Ata cambiou a jerga: en relación aos libros, por exemplo, xa non se fala de “literatura” senón de fiction, nin de historia ou filosofía, senón de nonfiction. E nos anuncios das películas e os libros que publica a prensa, as opinións críticas son substituídas por blurbs (esas pequenas frases auto-promocionales que os estudos ou as editoriais encargan e publican antes de que salga o libro ou se estree a película, como “¡A mellor comedia romántica do ano!”).

E aínda que se podería argumentar o valor intrínseco do aprecio maioritario en contraste coa opinión da crítica especializada, a realidade é menos amable: é dabondo coñecido que todas as seleccións e postos destacados das grandes cadeas de librerías, prensa, etc., están amañadas cos editores, que pagan para que os seus libros estean expostos, e os seus discos e as súas películas promocionados. O mesmo pasa coas listas de éxitos e a difusión nas radios e televisións (o fenómeno da “payola” ou “pay to play”, “pagar por emitir”, cuxa cantidade varía dependendo do nivel de audiencia da emisora).

O libro de Frédéric Martel trata de todo isto no campo do cine, a música, a televisión, os libros, os videojuegos, internet, etc.

Javier Abraldes