Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Chévere asalta os escaparates de Lugo para enchelos de teatro

O venres 7 de decembro o grupo Chévere presenta en Lugo o seu EscapÁrate, un micro-festival de teatro que usa como escenarios os escaparates dos comercios da zona centro da cidade. Dará comezo ás 12 da mañá e ata pasadas as nove da noite a xente que estea de compras ou simplemente paseando pola rúa poderá deixarse sorprender por distintas intervencións escénicas nos escaparates, pequenas pezas de clown, baile, títeres, música, audiovisual e teatro. 

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS
VENRES 7 DE DECEMBRO 2012

12,00h. Animación de rúa, zona do mercado, rúa da Raíña, Pza. Maior.
12,15h. ata 20,30h. Mira aquí! (video-instalación). Pastelería Ramón, rúa Doutor Castro
12,30h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Ana Sousa, rúa progreso
12,45h. Pernas (coreografía para 6 pernas con pelos). Zapatería Messalina, rúa Doutor Castro.
13,00h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Ana Sousa, rúa progreso
13,15h. Pernas (coreografía para 6 pernas con pelos). Zapatería Messalina, rúa Doutor Castro.
13,30h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Ana Sousa, rúa progreso
13,45h.O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Miguel Sport, rúa Bispo Aguirre


18,15h. Animación de rúa, zona Pza. Maior.
18,30h. O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Miguel Sport, rúa Bispo Aguirre
19,00h. Cambio de tempada (comedia romántica sen palabras). Mobles Pirámide, rúa do Campo Castelo
19,30h. Os Tres Tenores (recital lírico). Confeccions Yáñez, rúa San Marcos
20,00h. O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Miguel Sport, rúa Bispo Aguirre
20,30h. Cambio de tempada (comedia romántica sen palabras). Mobles Pirámide, rúa do Campo Castelo
21,00h. Os Tres Tenores (recital lírico). Confeccions Yáñez, rúa San Marcos