Aló polo mes de xuño, Chévere puxo en marcha un experimento teatral pensado especificamente para ser representado na Regadeira de Adela, a casa do microteatro en Santiago. A idea era contar unha mesma historia dende catro perspectivas diferentes, e o tema non podía ser outro que o escándalo compostelano máis surrealista e disparatado dos últimos tempos: o roubo e reaparición do Códice Calixtino. Hoxe deixámosvos un fragmento da primeira destas historias: a que relata Remedios, a muller de Manolo, o electricista da Catedral. Se vos gusta o que vedes, estade atentos ao calendario, porque logo do verán haberá unha nova oportunidade de ver as pezas en directo.
Sexo, mentiras e Códices Calixtinos: a muller do electricista
1 people like this
1 comments
Log in or register above to comment
Javier Abraldes:
Pobre Manolo, non me estraña que estivese calado todo o tempo...