O desembarco Chévere en Vigo xa comezou cunha de cancións fresquiñas interpretadas en versión acústica no Café Detrás Do Marco, para acompañar á presentación do libro-disco-DVD da Ultranoite. Aquí vos deixamos unha mostra de como sonou un dos temas da Ultranoite: "Apostar por desaparecer", na voz de Arantza Villar, co acompañamento de Xacobe Martínez Antelo, Máx Gómez e Manuel Cebrián.
Este é o calendario completo do desembarco:
XOVES 9 ABRIL, 20,00H. / CAFÉ DETRÁS DO MARCO
Presentación ao vivo do libro-disco-DVD "Máis Alá da Ultranoite (crónica canalla do cambio de milenio 1993-2013), que contará coa presenza de toda a compañía para facer unha proxección comentada de vídeos histórico da Ultranoite e interpretar en acústico a banda sonora da Ultranoite no País dos Ananos. Entrada de balde. http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/mais-ala-da-ultranoite-librodiscodvd-presentaaccion-en-vigo/
LUNS 13 ABRIL 19,30H. / MARCO MUSEO
Proxección e pre-estrea do filme documental "A Viaxe dos Chévere" dirixido por Alfonso Zarauza, que se poderá ver en Vigo por primeria vez. Ao rematar, coloquio co director e algúns membros da Chévere. Entrada de balde.
http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/a-viaxe-dos-chevere/
VENRES 17 ABRIL 21,00H. / AUDITORIO MAR DE VIGO
Función especial do musical "Ultranoite no País dos Ananos", un axuste de contas coa Galicia actual feito con moito humor, irreverencia e unha banda de música ao vivo. http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/ultranoite-no-pais-dos-ananos/
Entradas adiantadas xa disponibles desde 10€: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/auditorio-palacio-de-congresos-mar-de-vigo/4830---ultranoite-no-pais-dos-ananos-grupo-chevere.html
SÁBADO 25 ABRIL 21,30H. DOMINGO 26 ABRIL 20,00H. / SALA ÁRTIKA
Actuación das Fillas Bravas, tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Entradas na billeteira da sala: 8€ http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/as-fillas-bravas/