Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

There's plenty room at the bottom: trailer

O Circo Atómico das Irmás Feiman vainos dar a coñecer un dos avances científicos máis asombrosos da historia da humanidade: a nanotecnoloxía, unha tecnoloxía capaz de construír máquinas biolóxicas, crear formas de vida dirixidas por humanos e feitas a medida. O Circo Atómico das Irmás Feiman trasládanos ao inframundo dos átomos para que vexamos como son, como se comprotan e como poden transformar as nosas vidas nun futuro que xa etá aquí.

Estreada no 2007 na Casa das Ciencias de A Coruña, Alá no fondo hai sitio abondo é unha mostra do traballo de Chévere no campo da divulgación científica.

Idea e creación: Chévere. Actrices:Arantza Villar, Pepa Yáñez e Clara Gayo/Patricia de Lorenzo. Dirección:Xron. Textos: Manuel Cortés. Espacio escénico e vestiario: Carlos Alonso. Técnico en xira: Fidel Vázquez: Produción: Carmen Fernández. Asesor científico: Jorge Mira.