Aló polo mes de xuño, Chévere puxo en marcha un experimento teatral pensado especificamente para ser representado na Regadeira de Adela, a casa do microteatro en Santiago. A idea era contar unha mesma historia dende catro perspectivas diferentes, e o tema non podía ser outro que o escándalo compostelano máis surrealista e disparatado dos últimos tempos: o roubo e reaparición do Códice Calixtino. Nesta ocasión deixámosvos a versión de Manolo o electricista, testemuño dos moitos pecados cometidos na Catedral. Se queres ver a peza enteira, logo do verán terás unha nova oportunidade de presenciala en directo. Máis noticias en Redenasa!