Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Video
Insert

Sexo, mentiras e Códices Calixtinos: o xuíz Caín

Aló polo mes de xuño, Chévere puxo en marcha un experimento teatral pensado especificamente para ser representado na Regadeira de Adela, a casa do microteatro en Santiago. A idea era contar unha mesma historia dende catro perspectivas diferentes, e o tema non podía ser outro que o escándalo compostelano máis surrealista e disparatado dos últimos tempos: o roubo e reaparición do Códice Calixtino. Hoxe deixámosvos a intervención do xuíz Caín, que nos falará do seu libro aínda que calquera parecido coa realidade "é pura coincidencia". Se queres ver a peza enteira, logo do verán terás unha nova oportunidade de presenciala en directo. Máis noticias en Redenasa!