Iria Pinheiro preséntanos neste vídeo o seu novo proxecto, Anatomía dunha serea, unha peza de teatro documental construída a partir da experiencia de Iria no parto do seu primeiro fillo. O seu é o testemuño dunha muller que non renuncia a ser muller para ser nai e que, como tantas outras, foi agredida física e psicoloxicamente durante o seu paso polo hospital.
Anatomía dunha serea é unha produción da Berberecheira. Estrearase en outubro de 2018.