Este é un resumo en vídeo da Ultranoite no País dos Ananos, o musical nihilista sobre a Galicia contemporánea que durante a tempada 2014-1025 está en xira por Galicia: da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ao FIT Ribadavia, ao Bricandeira Festival e ao FITO Ourense. E tamén en Pontevedra, Muros, Redondela, O Barco, Arteixo, Vilagarcía, Carballo, Oleiros, Monforte, Vigo e A Coruña.
Ademais, fixemos unha experiencia de difusión teatral en televisión. Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2014, a Ultranoite no País dos Ananos estivo disponible en aberto para todas as persoas que estean subscritas á canle Tolemias de R. Trátase dun feito inédito no panaroma cultural galego, pois por vez primeira vaise ofrecer unha obra de teatro en televisión case ao mesmo tempo que esta obra se estrea nos escenarios. A gravación da peza levouse a cabo polo equipo da Casa de Tolos a finais do mes de abril no CSC da Ramallosa (Teo) e antes de iniciar a xira deste espectáculo xa chegará ás pantallas de televisión.
Tolemias é unha canle de contidos musicais dispoñibles baixo demanda que xurde da unión de Cinfo (empresa especializada en contidos e desenvolvementos para televisión) e Casa de Tolos (estudo de grabación con máis de 10 anos de experiencia). En Tolemias poderás atopar concertos e outros contidos relacionados coa música en directo. Actualmente dispoñible en tv R.