O vindeiro 1 de xullo Chévere presenta na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas As Fillas Bravas, un novo espectáculo con Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar que se vén integrar na liña de traballo de teatro con perspectiva de xénero da compañía. Neste vídeo dos primeiros ensaios, Arantza segue lendo algunhas das coplas seleccionadas para este proxecto, todas elas extraídas do cancioneiro tradicional.