Como é ser home? Como parte do proxecto Testosterona, estreado na Nasa en 2009, Chévere propuxo este obradoiro no que un grupo de mulleres, coa axuda das actrices Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro e da maquilladora Fany Bello, cambiaban de sexo por un día. O traballo encadrouse dentro da liña de teatro con perspectiva de xénero da compañía. Os resultados podédelos ver no vídeo.