O vindeiro 1 de xullo Chévere presenta na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas As Fillas Bravas, un novo espectáculo con Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar que se vén integrar na liña de traballo de teatro con perspectiva de xénero da compañía. Hoxe deixámosvos un vídeo do proceso de preparación desta nova proposta. Patricia le algunhas das coplas da escolma que se fixo para incorporar ao espectáculo, extraidas do cancioneiro tradicional de transmisión oral. Seguiremos dando pistas...