Os días 10 e 11 de agosto celebrouse na aldea de Froxán a 2ª Festa Revolta, un encontro coa xente do Courel que segue a defender o seu futuro apostando polo medio natural. Publicamos unha serie de fotos que retratan dalgun xeito o que alí aconteceu: cantos de alborada con Mónica de Nut; a exposición de fotografías de Gabriel Tizón penduradas das árbores; o roteiro guiado por Orlando con intervencións de Traspediante, Estevo Creus, Elías Araújo, Sechu Sende, Vicente Reboleiro, Carlos Santiago; a sesión vermú cos Da Ría; os contos de Pablísimo; o teatro de obxectos do Retrete de Dorian Gray; a radio en directo de Alén da Onda; e a Ultranoite con Chévere, a Ultrabanda, Mónica García, Expo... Tamé incluímos fotos de Natasha Lelenco que conforman unha galería de retratos de xente que colaborou e participou da festa, entre elas algunhas veciñas e veciños de Froxán.
2ª Festa Revolta no Courel
Aquí atoparás todo xunto o material que temos disponible da 2ª Festa Revolta que se levou a cabo na aldea de Froxán, no Courel, os días 10 e 11 de agosto de 2012. Fotografías, vídeos, textos..., que documentan o que aconteceu.
2ª Festa Revolta no Courel
1 people like this
Log in or register above to comment