Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Comments

Non. Rematou. Unha mágoa, pero todo ten a súa fin. Como autor podería fachendear de que a historia que se viviu estes días na Cachada é unha gran historia, e atribuírme todo o mérito. Pero declino esa honra en favor de todos os alumnos, alumnas, profesoras e profesores que participaron na realización da mesma. Con mención especial aos que encarnaron a Xiana, Romero, Baldo, Mejuto, Ana e Rossi. 

Romeo e Xulieta, a verdade, non me quedou mal. Pero xa era hora de darlle un repasiño. Amores Prohibidos é o glorioso resultado. Cando menos máis comprensible porque ás veces, debo confesalo, váiseme un pouco a man co estilo.

Ata sempre.

Xespir

Tras o temporal destes días, esta tarde en Boiro loce un sol radiante. No IES A Cachada estase a celebrar o Consello Escolar no que se revisará a expulsión de Romero. Malia a presión social exercida na vila e nas redes sociais, aínda nada está claro. Hai moita tensión e nervios nos arredores do instituto, e a rapazada xa se está achegando para coñecer o veredito final. Que pasará? 

Xianaaaaa! Canto me alegro de que esteas ben, eu aínda espertei agora, pero vou correndo coller o bus para estar contigo en Boiro. Polo demais... creo que teño bastante culpa no que che pasou onte. Sinto moito que acabases así. :(

Xa estou na casa. Veño do posto da Gharda Sivil, que me estivo mareando con mil preghuntas e sermóns sobre os perighos do alcol, das redes sosiais e non sei que máis lerias. O caso é que me devolveron o móbil e xa estou outra ves conectada de todo. Non podo aghardar máis para ver a Romero. Por favor, que se poida quedar en Boiro, porfaporfaporfaporfaporfa... 

Buah colega es que se me hace rarísimo que hables así! xDD Pero ya que empiezas podías hablar gallego normativo y bien hablado, como los políticos y la gente de la tele, y no montuno. Digo yo, eh.

Mejuto, sen fallo, que os venres pola tarde xa nos deixan saír deste cársere. Estou recollendo e vou para aí, pero por favor, non montedes o espectáculo outra ves no instituto, que xa non vos volvo separar. Matádevos entre vós se queredes, pero non creo que iso benefisie a ninghén.

Mejuto, vai rañala. Pero ten rasón Xiana, temos que deixar de andar pelexando pola lingua. Ajora o importante é que readmitan a Romero. Estamos a piques de conseguilo, pero aínda faltan sinaturas: POR FAVOR ASINADE E PASÁDEO.

¿¿Oficial??? Ahí está, la imposición. Romero no es de nadie, ¿me entiendes? Somos tan de Romero como vosotros, por más que ahora Romero se pasase al gallego. Y en Boiro se hablan dos lenguas, a ver si os queda claro.