Ya estoy en la calle chavales. Y lo peor no fue la bronca de mi padre, ni los 300 euros de multa, ni el puteo de los polis. Lo peor es que no pude ver el partido del Madrid!
Rede Nasa
Comments
Podía a cousa poñerse peor para Romero? Podía, e pode...
O consello escolar convocado de urxencia diante dos acontecementos ocorridos hoxe pola tarde dentro do recinto escolar xa ten o seu veredicto. Carlos Romero, alumno deste centro, será expulsado durante un mes por agredir a un compañeiro que resultou lesionado e houbo de ser atendido nun centro sanitario. Non tomaremos medidas tan excepcionais contra os grafiteiros, pero os tres alumnos que admitiron telas realizado serán os encargados de borrar todas as pintadas do recinto escolar. E por último, ao rematar o consello foi requisada unha tarxeta de memoria coa gravación da mesma. Como somos un centro democrático e transparente, imos facer público este vídeo, por se alguén pensaba que tiñamos algo que ocultar. A próxima vez, falade con nós antes colarvos cun móbil no instituto.
Mentres, no Whatsapp de Xiana...
Non vos preocupedes, estou ben. Volvo ajora pró instituto que me chamaron para ir a un consello escolar. Espero que castijen a Romero como merese por partirme o narís. E Mejuto? Mellor non falar dese pobre imbésil, levouno a polisía porque levaba un porro enriba. Hai que ser sunormal!
Estou en urxensias acompañando a Baldo. Rompéronlle o narís. :__(
Ante os últimos acontecementos producidos nas inmediacións do IES A Cachada, convoco un consello escolar de urxencia para aclarar o que sucedeu e tomar as medidas que sexan oportunas. Non podemos tolerar ningún tipo de violencia no noso instituto.