
Citizen
Citizen é o novo proxecto escénico de Chévere para a tempada 2010-2011. Unha obra para falar, debater e profundizar nos efectos da globalización en relación coas identidades individuais e colectivas. Citizen recrea a historia cruzada de varios personaxes que viven na Galiza dos últimos trinta anos, desde a morte do último ditador ata os albores do S.XXI. Conta como uns acabarán convertíndose nunhas das persoas máis ricas do mundo, e outros acabarán perdidos nas dificultades dunha vida que se pon costa arriba.
A partir de hoxe, cada día publicaremos un vídeo sobre o traballo de preparación e ensaios da obra.