Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


DANESGA

DANESGA

DANESGA -Asociación profesional de Danza Escénica Galega- Nace como Asociación no 2006, có obxectivo de agrupar a todos aqueles profesionais que traballan no ambito da danza escénica en Galicia. Bailaríns, coreógrafos, directores de escea, técnicos, xestores culturais, etc, poden atopar no espazo da Asociación, un marco dende o cal desenvolver a súa actividade artística e profesional, agrupándose para potenciar unha imaxe colectiva do traballo que, no eido da danza, se está a facer en Galicia. DANESGA abre a porta á coloboración creativa entre os socios, creando un espazo de debate e traballo conxunto. Conscientes da importancia do traballo individual pero tamén da necesidade de unión e mutuo enriquecimento. DANESGA tamén tenta posibilitar un salto cara adiante no referido á xestión empresarial, á formación e a distribución dos espectáculos dos seus socios e socias, traballando a carón das institucións e organizacións que poden axudar o recoñecimento debido e a difusión dos espectáculos e actividades propostas desde as compañías. Danesga foi creada en 2006 e desde aquela traballa polos seguintes obxectivos: - Normalización laboral no sector da danza profesional escénica - Ser interlocutor firme coas institucións culturais e económicas - Organizar actividades para a divulgación da danza - Crear unha infraestructura de información no sector da danza - Crear unha estrutura de servizos aos asociados - Intercambios con outros colectivos de artes escénicas e outras asociacións de danza - Normalizar a danza en Galicia DIRECTIVA: Presidencia: Nuria Sotelo Secretaría: Mónica García Tesourería: Cristina Balboa. Vocal Antonio Gontán

This user manages this artist's profile

Create another artist profile