Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Ultranoite no País dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Ficha técnica

Audiencia: maiores de 12 anos.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Formato cabaré: a obra pódese facer nun espazo con servizo de bar durante a representación, con todo ou parte do público disposto en mesas. Neste caso, a obra inclúe un intermedio.
Formato teatral: en auditorios e teatros á italiana a obra represéntase sen intermedio.
Medidas escenario (mínimas): ancho 10 m. Fondo 7 m. Alto 4,5 m.
Potencia eléctrica: 30.000W
Iluminación:
Son:
Camarín para 9 persoas con espellos, cadeiras, auga e baños e con acceso directo ao escenario.
Carga-descarga: 2 persoas no momento da chegada e saída da compañía.
Montaxe: 6 horas, compre a presenza dun técnico do teatro durante toda a montaxe.
Desmontaxe: 1 hora.