Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Un espazo sobrecolledor
Patricia de Lorenzo:Durante a rodaxe do documental da Ultranoite non podía faltar un escenario que nos carcome a todxs por dentro. Coñezo a moita xente que aínda non foi nunca á Cidade da Cultura e creo que é importante ir para ver cos teus propios ollos e sentir no teu propio estómago a estupidez anana. Aquí vedes a Xesús Ron e a Miguel de Lira. Eu estou tomando a foto desde un pouco mais abaixo. Non me atrevín a subir tanto...
Log in or register above to comment