Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Músicas ananas entre montes de grava e asfalto
Redacción Chévere:Aproveitando as funcións do País dos Ananos en Teo, Alfonso Zarauza e o seu equipo están recollendo imaxes relacionadas co espectáculo, con Chévere, coa Nasa e sobre todo coa Ultranoite para unha peli documental que se presentará no verán. Aquí vos deixamos a testemuña dunha secuencia gravada para este documental, coa banda da Ultranoite (Xacobe, Max e Manuel) e máis Arantza tocando e cantando entre montes de grava e asfalto.
Log in or register above to comment