Miguel de LIra
Sería abogado seguindo o camiño dereito pero o destino torceuselle e acabou sendo actor. No teatro, na televisión e no cine, pleiteou cun bo número de personaxes, con algún dos cales acadou unha considerable pegada popular. Entre as súas aventuras non agocha o orgullo de ser membro fundador do Grupo Chévere en 1987.